EXPRESS ARTE

Express Arte é o espectáculo total: Clásico, moderno, medieval e contemporáneo. Pero sobre todo e ante todo... un espectáculo. Un percorrido express a través de todas as arte, unha viaxe cara a súa expresión.
Marco e Paola Gambini son dous artistas con posturas encontradas no que á concepción da arte se refire pero con un obxectivo común: a procura da expresión. Ancorados esteticamente nos anos oitenta e con aires de orquestra desfasada, esta parella artística fará un percorrido en clave de humor a través da arquitectura, a escultura, a pintura, a música, a poesía, a danza, a fotografía e a cinematografía.
Un espectáculo no que a Muralla de Lugo e o Acueduto de Burgos (que non de Segovia) conversan sobre as súas vidas ou no que dous vaqueiros do Oeste fan a súa particular versión do filme “O bo, o feo e o malo”. Estas son só algunhas das escenas que compoñen Express Arte, unha peza fresca e divertida: unha astracanada creada exclusivamente para que vostede a desfrute.
FICHA ARTÍSTICA
FICHA TÉCNICA



DIRECCIÓN: Beatriz Méndez
ELENCO: Roi Méndez e Carla Capeáns
TEXTO ORIXINAL: Jose Prieto
ADAPTACIÓN: BocAberta
IDIOMA: Galego
DURACIÓN: 60 minutos
XÉNERO: Comedia
PÚBLICO: Adolescente e adulto